Estambul

Volvemos a Estambul 15 años despois. A cidade máis fermosa do mundo.
Os dous primeiros días aproveitamos para coñecer os novos barrios de moda: Kadiköy, Fener Balat, Moda ou Besiktas. Todos cun Czytaj więcej
Volvemos a Estambul 15 años despois. A cidade máis fermosa do mundo.
Os dous primeiros días aproveitamos para coñecer os novos barrios de moda: Kadiköy, Fener Balat, Moda ou Besiktas. Todos cun ambiente moi agradable pero cando vés a Estambul o que non podes perder é a zona 0: as mezquitas (se non eres musulmán, Santa Sofía soamente pode visitarse desde o piso superior e despois de facer varias colas para mercar unha entrada de 25€), os mercados, Galata, cruzar o bósforo mil veces en ferry, sobre todo ao solpor; subir ás terrazas das cafeterías preto da torre Galata para ver cómo cambian as cores pola tarde, comer un bocata de xarda con especias... E deixarte levar!
Chamoume a atención como cambiou a parte asiática. Na miña anterior visita, crucei o bósforo con medo, para tomar un té a soas nunhas alfombras xunto a Torre da Doncela. Aquelo agora está ateigado de xente, pero e que desde alí podes ver como o sol se esconde tras Santa Sofía...
Durmimos 4 noites en Estambul. A primeira en Kadikoy no Bostanci Otel (65€), a segunda no Troya Balat (recomendadísimo 69 € con parking e almorzo) e as dúas últimas no Aristocrat Hotel para almorzar con vistas a Santa Sofía e á Mezquita Azul (215€ dúas noites) Czytaj więcej