• Alternativa Nómada
  • Sonia Teijeiro Blanco
  • Alternativa Nómada
  • Sonia Teijeiro Blanco

Alsacia e Selva negra

Escapada de 4 días desde Estrasburgo ata Basilea, baixando pola Alsacia e subindo pola Selva negra Baca lagi
  • Permulaan perjalanan
    9 Disember 2024

    Estrasburgo

    9–10 Dis 2024, Perancis ⋅ ☁️ 5 °C

    Cómoda cidade cun centro urbán peonil moi facilmente visitable. É recomendable deixar o coche nun parquin P+R xa que por 4 euros tes o coche vixiado todo o día e as viaxes de bus e tranvía gratuítos para todos os ocupantes.
    Visitamos a Petit-France e o resto de mercados navideños da Gran Illa de Estrasburgo. Recomendable a visita á fermosa Biblioteca Universitaria e Nacional.
    Baca lagi

  • Castillo de Haut-Koenigsbourg Château du

    10 Disember 2024, Perancis ⋅ ☁️ 2 °C

    Unha das xoias alsacianas e un dos monumentos máis visitados de toda Francia. Así de espectacular é este castelo que goberna toda a rexión e que é visible desde case calquera punto debido á súa situación, sobre unha montaña a 757 metros de altitude e cunha silueta totalmente recoñecible.

    Foi construído no século XII como uno máis da gran liña defensiva que deseñou e levou á práctica a familia Hohenstaufen, algúns deles en terreos que nin lles pertencían. Este castelo en particular, ao estar no que hoxe en día é o límite das rexións do Alto e Baixo Rin, serviu grazas aos seus dúas enormes torres para controlar o paso entre o sur e o norte de Alsacia.
    Baca lagi

  • Selestat

    10 Disember 2024, Perancis ⋅ ☁️ 5 °C

    En Selestat puxeron a primeira árbore de Nadal en 1521. Un paseo pola cidade vella non vos roubará máis de 1 hora

  • Colmar

    10 Disember 2024, Perancis ⋅ ☁️ 5 °C

    O epicentro da Alsacia. Plagado de turistas todos os días. O centro da vila é moi fermoso. Os prezos dos hoteis polas nubes. Nós durmimos en Adolsheim, a 10 minutos en coche xa que ás 19h pechan os mercados e a xente comeza a facer colas nos restaurantes.Baca lagi

  • Basilea

    11 Disember 2024, Switzerland ⋅ ☁️ 4 °C

    A unha hora de Colmar, Basilea ben merece unha visita. Desde as torres da catedral pode verse toda a cidade. Zona vella peonil moi fermosa

  • Colmar

    11 Disember 2024, Perancis ⋅ ☁️ 4 °C

    Volvemos a Colmar a ver ás nenas e nenos cantando panxoliñas desde os barcos na Petit Venice. Podedes aforrarvos o mogollón de xente porque o espectáculo é unha merda

  • Friburgo

    11 Disember 2024, Jerman ⋅ ⛅ 3 °C

    Chegamos xa de noite a Friburgo para dar un paseo de noite desde a Catedral ata a ponte azul pasando pola plaza dos concellos, o mercado navideño e a biblioteca. Ambiente universitario.

  • Triberg

    12 Disember 2024, Jerman ⋅ ⛅ 3 °C

    Cruzamos unha nevada Selva negra para chegar a Triberg. Ten o reloxo de cuco máis grande do mundo. Outro espectáculo prescindible

  • Gengenbach

    12 Disember 2024, Jerman ⋅ ⛅ 5 °C

    Fermosisima vila medieval que presume do Calendario de advento máis grande do mundo. A visita non vos levará máis de 30 minutos

  • Baden-Baden

    12 Disember 2024, Jerman ⋅ ⛅ 4 °C

    Rematamos a viaxe en Baden-Baden. Famosa polo seu balneario, ten un fermoso mercado de Nadal e unha zona céntrica peonil moi agradable

    Tamat perjalanan
    13 Disember 2024