Estrasburgo
9.–10. des. 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 5 °C
Cómoda cidade cun centro urbán peonil moi facilmente visitable. É recomendable deixar o coche nun parquin P+R xa que por 4 euros tes o coche vixiado todo o día e as viaxes de bus e tranvíaLes mer
Castillo de Haut-Koenigsbourg Château du
10. desember 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 2 °C
Unha das xoias alsacianas e un dos monumentos máis visitados de toda Francia. Así de espectacular é este castelo que goberna toda a rexión e que é visible desde case calquera punto debido á súaLes mer
Selestat
10. desember 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 5 °C
En Selestat puxeron a primeira árbore de Nadal en 1521. Un paseo pola cidade vella non vos roubará máis de 1 hora
Ribeauville
10. desember 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 5 °C
Un dos pobos medievais máis bonitos da Alsacia
Colmar
10. desember 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 5 °C
O epicentro da Alsacia. Plagado de turistas todos os días. O centro da vila é moi fermoso. Os prezos dos hoteis polas nubes. Nós durmimos en Adolsheim, a 10 minutos en coche xa que ás 19h pechanLes mer
Basilea
11. desember 2024, Sveits ⋅ ☁️ 4 °C
A unha hora de Colmar, Basilea ben merece unha visita. Desde as torres da catedral pode verse toda a cidade. Zona vella peonil moi fermosa
Colmar
11. desember 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 4 °C
Volvemos a Colmar a ver ás nenas e nenos cantando panxoliñas desde os barcos na Petit Venice. Podedes aforrarvos o mogollón de xente porque o espectáculo é unha merda
Friburgo
11. desember 2024, Tyskland ⋅ ⛅ 3 °C
Chegamos xa de noite a Friburgo para dar un paseo de noite desde a Catedral ata a ponte azul pasando pola plaza dos concellos, o mercado navideño e a biblioteca. Ambiente universitario.
Ravennaschlucht
12. desember 2024, Tyskland ⋅ ☁️ -1 °C
Por casualidade, durmimos no alucinante complexo do Ravennaschlucht. O mercado soamente abre de venres a domingo e estaba pechado pero o entorno é alucinante.
Triberg
12. desember 2024, Tyskland ⋅ ⛅ 3 °C
Cruzamos unha nevada Selva negra para chegar a Triberg. Ten o reloxo de cuco máis grande do mundo. Outro espectáculo prescindible
Gengenbach
12. desember 2024, Tyskland ⋅ ⛅ 5 °C
Fermosisima vila medieval que presume do Calendario de advento máis grande do mundo. A visita non vos levará máis de 30 minutos
Baden-Baden
12. desember 2024, Tyskland ⋅ ⛅ 4 °C
Rematamos a viaxe en Baden-Baden. Famosa polo seu balneario, ten un fermoso mercado de Nadal e unha zona céntrica peonil moi agradable







































