O Museo de Mevlana é o principal motivo para visitar Konya xa que alberga a tumba de Mevlana, a quen se lle debe a existencia dos derviches. É un dos maiores centros de peregrinación de Turquía. Queriamos ver unha Sema derviche realizada polos monxes sufíes que cada sábado realizan no Centro Cultural Mevlana. Debido á celebración do Konya mistik muzic festival puidemos velos diante da mezquita.
Na cerimonia, tras unha reverencia do Mestre (0 Seyh), os Derviches dan tres voltas e lanzan as súas túnicas negras ao chan simbolizando o desprendemento dos obxectos terreais. A continuación, un a un comezan a virar simbolizando o desprendemento da vida na terra para renacer nunha unión mística con Deus. Cando alzan o seu brazo dereito, significa que reciben a bendición do ceo. Esta vertixinosa danza giratoria foi declarada como obra mestra do Patrimonio oral e inmaterial da humanidade pola Unesco.
En Konya non atopamos turismo occidental, foi a parte máis auténtica. Iso si, moreas de peregrinos turcos.
Durmimos na ruta, moi preto de Aspendos.Read more