• Riviera Turca / Ruta Licia

    22 de setembro de 2024, Turquia ⋅ ☀️ 26 °C

    Sabendo que a costa menos ateigada de turismo era cara o leste, a ruta obrigábanos a emprender a volta cara Estambul pola Riviera turca, dende Antalya ata Oludeniz.
    A costa turca alterna cidades cheas de turismo de hamaca con praias que son auténticas xoias. A cor do mar é alucinante. A zona que máis nos gustou foi a que vai de Finike a Ölüdeniz (Kas e Kaputas beach no top). Conducir por esa carretera ao solpor é unha auténtica pasada, e o baño en Kaputas dos mellores da vida!
    Dormimos en Oludeniz, nun hotel cunhas fermosas vistas da cidade pero que obriga a baixar o coche (Oludeniz Manzara 78€). Oludeniz é famosa polas súas praias agochadas tralo monte Babadag desde o cal podes facer un descenso en Parapente ata a praia. Pola noite, a cidade perde a fermosura entre karaokes, luces de neón e xente en busca de troula
    Leia mais