• Cova de Benagil

    12 de janeiro de 2025, Portugal ⋅ ☁️ 16 °C

    A cova de Benagil é un dos lugares máis chulos nos que estiven. Está pegado á praia de benagil, no lado esquerdo desta. Na enseada pódese contratar unha viaxe en barco de 1 hora que só pasa 1 minuto na cova e que non permite baixar. Nadando son soamente 100 metros, relativamente cómodo se nadas ben, e podes pasar o tempo que necesites na cova. O ideal sería ir en kaiak pero só os alugan no verán. Fun a nadar e cando volvín, o equipo de salvamento marítimo achegouse nunha moto acuática. Boteille morro e pedinlles que me levasen á praia a cambio dun sermón sobre o perigo de nadar co mar embravecido.Leia mais