• Alternativa Nómada
  • Sonia Teijeiro Blanco
  • Alternativa Nómada
  • Sonia Teijeiro Blanco

Alsacia e Selva negra

Escapada de 4 días desde Estrasburgo ata Basilea, baixando pola Alsacia e subindo pola Selva negra Läs mer
  • Resans start
    9 december 2024

    Estrasburgo

    9–10 dec. 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 5 °C

    Cómoda cidade cun centro urbán peonil moi facilmente visitable. É recomendable deixar o coche nun parquin P+R xa que por 4 euros tes o coche vixiado todo o día e as viaxes de bus e tranvía gratuítos para todos os ocupantes.
    Visitamos a Petit-France e o resto de mercados navideños da Gran Illa de Estrasburgo. Recomendable a visita á fermosa Biblioteca Universitaria e Nacional.
    Läs mer

  • Castillo de Haut-Koenigsbourg Château du

    10 december 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 2 °C

    Unha das xoias alsacianas e un dos monumentos máis visitados de toda Francia. Así de espectacular é este castelo que goberna toda a rexión e que é visible desde case calquera punto debido á súa situación, sobre unha montaña a 757 metros de altitude e cunha silueta totalmente recoñecible.

    Foi construído no século XII como uno máis da gran liña defensiva que deseñou e levou á práctica a familia Hohenstaufen, algúns deles en terreos que nin lles pertencían. Este castelo en particular, ao estar no que hoxe en día é o límite das rexións do Alto e Baixo Rin, serviu grazas aos seus dúas enormes torres para controlar o paso entre o sur e o norte de Alsacia.
    Läs mer

  • Colmar

    10 december 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 5 °C

    O epicentro da Alsacia. Plagado de turistas todos os días. O centro da vila é moi fermoso. Os prezos dos hoteis polas nubes. Nós durmimos en Adolsheim, a 10 minutos en coche xa que ás 19h pechan os mercados e a xente comeza a facer colas nos restaurantes.Läs mer

  • Colmar

    11 december 2024, Frankrike ⋅ ☁️ 4 °C

    Volvemos a Colmar a ver ás nenas e nenos cantando panxoliñas desde os barcos na Petit Venice. Podedes aforrarvos o mogollón de xente porque o espectáculo é unha merda

  • Resans slut
    13 december 2024