• Alternativa Nómada
  • Sonia Teijeiro Blanco
  • Alternativa Nómada
  • Sonia Teijeiro Blanco

Cote d'Azur/Dolomitas/Cervino

Viaxe pola Costa Azul, Cinque Terre, Bologna, Parma, Dolomitas para rematar no Matterhorn, a montaña perfecta antes de volver a Marsella, o epílogo que foi prólogo desta ruta. Read more
  • Trip start
    September 22, 2022

    COTE D'AZUR

    September 22, 2022 in France ⋅ ⛅ 22 °C

    As vacas 2022 comezaron na Costa Azul nunha ruta que pretende rematar na montaña perfecta. Sobre a #cotedazur: 1. Niza. Fermosa cidade cun gran paseo, cidade vella masificada pero con negocios fermosos e cidade nova ordenada na que parece doado vivir.
    2. Eze. Nin foto poño. Tardei máis en aparcar que en percorrela. Turistódromo.
    3. Mónaco/Montecarlo. En Porto hai un pub que se chama O meu Mercedes é maior co teu... Pois ese é o espíritu da cidade da opulencia. Carros de 600 CV para non pasar de segunda e ser adiantados por Vespas.
    4. Mentón. Máis popular e a que máis me gustou. Primeiro baño da viaxe Dormimos en La casa del poeta, en Riva Liguria. Recomendado 26.634 pasos, equivalente a 17 ovos según Huawei
    Read more

  • CINQUE TERRE

    Sep 23–24, 2022 in Italy ⋅ ☀️ 20 °C

    Na Cinque Terre a idea era deixar o coche en Corniglia e facer a pé o sendeiro que vai a Manarola e Riomaggiore pero facía tanta calor que visitamos en tren os cinco pobos, bañámonos en 2 e por erro chegamos a La Spezia... Moita xente a pesar de estar en setembro. Dormimos en Luca e Giulia preto de Corniglia. Moi recomendado. 18.577 pasos, equivalente a 2 muslos de polo frito según HuaweiRead more

  • Parma e Bologna

    Sep 25–26, 2022 in Italy ⋅ ☁️ 16 °C

    Pasamos a mañá en Parma con tempo suficiente para visitar o mercado e a Catedral. Chegamos a comer a Bologna e a desfrutar dunha das cidades máis cómodas e fermosas de Italia. Encantoume o seu ambiente universitarioRead more

  • Dolomitas

    Sep 26–29, 2022 in Italy ⋅ ☁️ 7 °C

    Primeiro día nos Dolomitas: Foto 1: Lago di Carezza / Karersee. Ten moi pouca auga así que non loce tanto pero pódese ver perfectamente a estatua da ninfa Ondina que ten asociada unha historia de amor culpable da cor verde do lago. Foto 2: Chiesa di San Valentino Foto 3: Alpe di Siusi desde os 2174m do Puflatsch Bullaccia. A mellor vista do maior val alpino de Europa. Alucinante Dormimos no Piccolo Hotel Sciliar en Compatsch porque así puidemos subir o coche ata o Alpe di Siusi. Un pouco caro para un hotel normaliño. 16.233 pasos, equivalente a 2 hamburguesas según Huawei.

    Segundo día nos Dolomitas: Foto 1: Chiesa de Santa Maddalena. Os prados nos Dolomitas son un espectáculo Foto 2: Chiesa de San Giovanni in Ranui. Outra igrexa nun marco inmellorable, cos Odle de fondo Fotos 3 e 4: Trekking ao Rifugio delle Odle. Dos trekkings máis bonitos que fixen na vida, polo menos ata mañá Foto 5: Lago di Braies. Cobran ata por respirar. Se non cobran é que está prohibido.

    Despedímonos dos #dolomiti coa súa imaxe máis icónica. O duro trekking ás Tres Cimas do Lavaredo, máis duro despois do madrugón e o trekking a Misurina. O parking é caro, si. 30 euros pero que non se vos ocurra subir a pé como suxiren en moitos blogs. Terías que facer 6 km máis i/v cunha inclinación terrible. Se non queres pagar o parking sube en bus (4€).

    Cadini di Misurina é o miradouro máis bonito do planeta!

    Avanzamos para durmir ao pé do Lago di Garda, en Simone, un sitio ben fermoso.
    Read more

  • Zarmatt / Matterhorn

    September 29, 2022 in Switzerland ⋅ ☁️ 4 °C

    Zermatt é a vila máis próxima ao Matterhorn e por tanto moi cara. Tamén moi caros os trens de subida pero facelo camiñando é moi duro. O día do ascenso non acompañou a meteoroloxía e non puiden ver de cerca o cumio perfecto 😓.Read more

  • MARSELLA

    Sep 30–Oct 1, 2022 in France ⋅ ⛅ 16 °C

    Marseille é o epílogo que foi prólogo desta viaxe. A cidade máis auténtica da Costa Azul alterna zonas turísticas, barrios con identidade e outros que asemellan máis inseguros.

    Trip end
    October 2, 2022