Oslo airport
16 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 14 °C
Pequena escala para coller o avión a Bodo.
Litlverivassforsen (Vaerivassfossen)
17 de setembro de 2025, Noruega ⋅ 🌧 8 °C
Hoxe queriamos visitar Litlverivassforsen (Vaerivassfossen), unha das cascadas máis fermosas do mundo pero non puido ser. En vez de facer a ruta desde Litlverivassforsen turparkering (2), paramos 1Leia mais
Aurora en Ballanguen
17–18 de set. 2025, Noruega ⋅ 🌧 9 °C
Nova visita da Muller de Verde
Segla
18 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 9 °C
A silueta do monte Segla é probablemente a imaxe máis icónica de Senja e probablemente de todo Norland. Para chegar, fixemos o Hesten Trail head e unha vez superada a altura do Segla (1h de subida)Leia mais
Husoy
18 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 9 °C
Achegámonos a Husoy para cargar o coche xa que non abundan os cargadores en Senja e aproveitamos para ver a illa e o fermoso Oyfjorden.
Dormimos no Segla Bed & Go ao pé das rutas do Segla e o Hesten
Mefjordvær
19 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 8 °C
Mefjordvaer é un pequeno pobo mariñeiro de fermosas construcións de madeira situado ao pé de montañas de máis de 600 metros. É habitual que as Orcas se acheguen ao interior da ría aLeia mais
Ersfjord beach
19 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 8 °C
Non sabía que no círculo polar ártico había praias tan fermosas!
Tungeneset
19 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 9 °C
Unha fermosa plataforma de madeira, accesible desde a carretera 862 que dá acceso a un paseo polas rochas para mirar de frente aos Dentes do Demo (Devil's teeth)
Bergsbotn Viewing Platform
19 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 7 °C
Fermosisimo mirador ao pé da 862.
Hamn i Senja
19 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ⛅ 9 °C
Un antigo pobo de pescadores convertido nun complexo hoteleiro nun enclave brutal. É bastante caro e os servizos non están á altura polo que vin nas reseñas. Os nosos 2 cafés por 10 euros son unLeia mais
Floya/Djevelporten/Svolvaergeita
20 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 10 °C
Uns dos trekkings máis esixentes da viaxe ata o de agora. Máis de 600 escalóns mesturados con tramos de pedra cunha pendente media do 31% e algún tramo que supera o 50%.
45 minutos despois deLeia mais
Svolvaer
20 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 11 °C
Svolvaer é unha das vilas con máis ambiente das Lofoten. O seu porto, parada de grandes cruceiros como o Hurtigruten, ten bo ambiente e agocha os antigos secadeiros de bacallau que aínda seLeia mais
Henningsvaer football stadium
21 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 9 °C
O campo de fútbol máis fermoso do mundo. Podes aparcar no campo e camiñar por el para facer fotos. Ollo se subes á casa da parte posterior porque a señora ten moi mal humor. Respecta as zonas valadas
Gymsoy Kirke
21 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 9 °C
Pequena igrexa que dá servizo a un cementerio de mediados do seculo pasado á beira dunha fermosa Praia.
Nusfjord
21 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 10 °C
Hay que pagar 100 Nok p.p. por entrar na Vila. O aparcadoiro é gratis e a carga do coche eléctrico tamén. Trátase dun antigo pobo de pescadores de bacallau, con decenas de rorbuer que agora formanLeia mais
Ramberg beach
21 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 10 °C
Fermosa praia de arena branquísima que fai que a cor do mar sexa espectacular cando reflicte o sol
Hamnoya
21 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☁️ 10 °C
Hoxe durmimos nun entorno inmellorable. No Eliassen Rorbuer da illa Hamnoya. Gran complexo de rorbuers con restaurante, food trucks e magníficas cabañas. Perde tempo na súa web e escolle asLeia mais
Sakrisøya
22 de setembro de 2025, Noruega ⋅ 🌧 9 °C
Pequeno illote que curiosamente ten todos os rorbuer de color amarelo. Un deles é o Anita's Sjomat, un dos poucos restaurantes que hai na parte máis occidental das Lofoten.
Comimos dúas burguer deLeia mais
Å
22 de setembro de 2025, Noruega ⋅ 🌬 8 °C
Å é a última letra do alfabeto noruegués e o último pobo das Lofoten. Aquí morre a E10 e probablemente a vosa viaxe.
Os rorbuer de color vermello e que antes eran as casas dos pescadores deLeia mais
Reinebriggen
22 de setembro de 2025, Noruega ⋅ 🌬 8 °C
Parecía que a climatoloxía abría Unha fiestra para intentar a cumbre así que arrisquei e subín os 2000 escalóns en 30 minutos para poder desfrutar das mellores vistas do mundo. Baixei correndoLeia mais
Oslo
23 de setembro de 2025, Noruega ⋅ ☀️ 12 °C
Aproveitamos a escala para baixar a dar un paseo de 4 horas por Oslo. Collemos o tren rápido por 40€ i/v desde o propio aeroporto. Moi cómodo pero un pouco caro.

















































































































































