• Petra

    25 de setembro de 2023, Jordânia

    Volamos do Cairo a Amman para visitar únicamente unha das maiores xoias do planeta. O traxecto de Amman a Petra é cómodo por unha boa autopista na que soamente debes estar pendente da velocidade. Hai moitos controis policiais que soamente pediranche a documentación.
    A primeira noite fumos ao espectáculo Petra by nigth, que se ben é impresionante chegar ao Tesouro de Petra por un Sik iluminado por farois de papel, o espectáculo musical é lamentable.
    Visitamos Petra ao día seguinte. Por recomendación do noso hotel, collemos un minibus na entrada do complexo que che deixa directamente en Little Petra. Despois da visita podes coller un Jeep por 5 euros (recomendado) ou camiñar 6km extra. O Jeep deixounos preto do Monasterio e fixemos os 12 km restantes en baixada. Facelo en sentido contrario é moi duro pola calor e a cantidade de escaleiras a subir. En baixada a caminata é menos dura pero lembra que estás no deserto, a máis de 30 grados e case sen sombra. Hai zonas intermedias nas que comer ou beber pero é recomendable levar auga.
    Leia mais