• Quianmen street

    September 14 in China ☀️ 26 °C

    Collemos unha boa oferta de Sichuan Airlines Madrid-Pekin á ida e Shanghái-Madrid á volta por 585€ por persoa. Os dous traxectos con escala en Chengdú. A oferta non nos deixaba comenzar a ruta nesa cidade, que sería o ideal, polo que tivemos que comenzar a ruta na cidade imperial.
    Escollemos como base na cidade o Manxin Mansion Beijing Qianmen Courtyard por 295€ con almorzo incluido por 3 noites, nun hutong renovado no corazón de Quianmen street moi fermoso e a 10 minutos da Praza Tianmen. Ambientazo no barrio a calquera hora do día. A maioría do turismo era chinés en setembro. A poucos metros está o Quanjude, un dos míticos do pato lacado en Beijin e a un paseo do Centro Nacional das Artes Escénicas. Moitas opcións gastronómicas á porta do hotel. Recomendado.
    Read more