• Ciudad Prohibida

    September 15 in China ⋅ ☀️ 21 °C

    A pesar de que no mapa, o noso hotel, no barrio de Quianmen (punto azul na primera foto) parecía estar a tiro de pedra da Cidade Prohibida, a magnitude desta cidade e non poder cruzar Tianmen para acceder fixo que tardaramos case 2 horas para estar dentro. Visita de 4 horas para ver o imprescindible. Recibes audioguía coa entrada. É incrible, pero a masificación é terrorífica.
    Levabamos xa mercadas as entradas da Cidade prohibida a través de Trip.com (16€ por persona) e polo que tiña lido, poderiamos entrar atravesando Tianmen Square polo que non fixen reserva directa da praza. Despois dunha hora camiñando para chegar á cola da entrada, un policía indícanos que non se pode entrar na praza sen reserva e que nos debemos dirixir á porta leste.
    Situada no corazón da China dende hai medio milenio, a maxestosa Cidade Prohibida (localmente Gù Gōng) foi a sede da corte de 24 emperadores e constitúe unha parada indispensable en calquera viaxe. Bautizada con este nome porque o acceso estaba estritamente vedado a quen non contase con autorización, trátase do complexo palaciano máis grande do planeta e do conxunto de arquitectura antiga mellor conservado do país. Agocha no seu interior 800 edificios que suman unhas 9000 estanciais, amais de múltiples patios, pavillóns e xardíns, polo que percorrela con calma levarache unhas cantas horas.
    Coa entrada recibirás no mail un mapa e audioguía.
    Read more