A fin da viaxe incluía unha escala en Chengdú que pensamos que sería suficiente para visitar o centro de conservación dos Pandas ou o Buda de Leshan pero os tempos e as distancias desde o aeroporto facían que supuxera un risco.
Comezamos o día almorzando na zona VIP do aeroporto internacional de pudong convidados por Trip.com ao convertirme en usuario platino. Cómodos sillóns, estupenda cociña, cafés e bebidas fan recomendable agardar aí o avión aínda que teñas que pagar os 16€ da entrada.
Desde o aeroporto de Chengdú (espectacular) collimos o metro (tamén espectacular) ata a praza Tianfu (tamén espectacular) situada a 60 km (1.3€). Tivemos tempo e forzas para camiñar ata o Panda xigante pola zona comercial de Taikoo Li pero o corpo non daba para máis e volvemos ao aeroporto a descansar a outra zona VIP, esta gratuita se estás en tránsito internacionalRead more