• Akureyri

    16. oktober 2016, Island ⋅ ☁️ 5 °C

    A noite foi de durmir pouco, pero a sarna con gusto non pica.. Aquela mañá levantámonos un pouco menos cedo, pero con ilusión. A primeira excursión foi cómoda: para subir ao volcán Hverfjall pódese coller o coche ata o pé e en 10 minutos estás no cumio para gozar dunhas fabulosas vistas sobre o lago e o cráter. De camiño a Akureyri, parada cómoda en Godafoss, máis cargada de simbolismo que espectacular: no ano 999 o parlamento medieval decidiu a conversión de Islandia ao cristianismo e o crego Þorgeir colleu os ídolos pagáns e arroxounos nelq, que dende entón chamouse así, Goðafoss, a Fervenza dos Deuses. Atópase aparcadoiro a poucos metros dela. Akureyri é coñecida como a capital do norte, sendo a cidade máis grande fóra da área da capital. A zona portuaria é fermosa, pero non ten moito que ver. As seguintes visitas foron a Víðimýrarkirkja e a turba de Glaumbær, Borgarvirki e o Hvitserkur, estas dúas últimas bastante afastadas da N1 por estradas sen asfaltar aínda que en bastante bo estado.

    Esa noite durmimos nunha granxa habilitada para o turismo, con dous jacuzzis dende os que podíamos gozar das auroras no medio de ovellas, vacas, gatiños, patos... pero esa noite estaba tapada e non puido ser ( 82 euros sen almorzo aínda que con cafés e tés na habitación).
    Læs mere