• Guerreros de terracota de Xi'an

    September 18 in China ⋅ ☁️ 20 °C

    Outro soño cumplido.

    Fomos en Didi (12 euros e 50 minutos por trayecto) a ver o mausoleo do emperador Qin Shi Huang: os guerreros de terracota (fosos 1, 2 e 3) e os xardíns Liyuan para ver os carros de bronce. Tiñamos entradas para o tramo de 14:30 - 15:30 pero entramos ás 13:30 sen problema. Canto máis tarde entres, menos xente atoparás: arredor das 16:30, despois de visitar os 3 fosos, voltamos ao primeiro e puidemos facer fotos cos guerreiros case a soas.

    Unha vez que chegas á entrada principal, tras pasar o control de acceso, merca un ticket para o carriño eléctrico e aforrarás 2km por 5 yuanes. Despois da visita aos guerreiros de terracota, debes dirixirte á salida e, fronte a estatua do emperador, toma un bus verde gratuito que leva aos xardíns. Alí debes mercar outro ticket para o carro eléctrico que custa 15 yuanes e serve tanto para a ida como para a volta.

    Nós visitamos os xardíns a piques de pechar e soamente tivemos tempo de visitar os carros de bronce. Para unha visita pausada precisarás todo o día e máis se vas en tempada alta. Creo que un bo consello sería visitar primeiro os xardíns e despois dirixirte aos fosos e así evitarás os grupos de turistas... Pero hai que ter a cabeza moi fría para estar alí e non visitar de cabeza aos guerreiros.
    Read more