• Chongqing

    Sep 19–21 in China ⋅ ☁️ 23 °C

    Escollemos Chaotianmen como base en Chongqing deslumbrados polas vistas e a piscina de cristal que o hotel Indition nos ofrecía. Foi unha boa elección (120 euros por noite) porque en contra do agardando, a maioría das visitas que tiñamos pensado, fixémolas á pé.
    Chatotianmen é a lingua na que conflúen os ríos Yantzé e Jialing. Precisamente a súa posición xeográfica configurou o seu carácter comerciante de textís, que non desapareceu a pesar do turismo (a Raffles City foi construida en 2019) senón que se veu aumentada: é normal ver turistas nacionais e extranxeiros con maletas baleiras que encherán con prendas a custes moi baixos. Tamén é habitual ver aínda aos bangbang, porteadores tradicionais con barras de bambú, dispostos a axudar a quen o precise a cambio dun puñado de yuanes.
    As visitas máis interesantes da zona foron o Templo budista Luohan, algunas edificacións fermosas coma o Centro de artes escénicas, Hongyadong (visitámola de día, pola noite solamente desde a ponte pola masificación), a calle peatonal Jiefanbei (a típica rúa peonil coas mellores marcas do mundo - podes visitar el Monumento pola liberación do pobo) a praza Kuixinglou (chegas pensando que estás a nivel do río e cando te asomas á baranda do fondo, descubres que estás no piso 22), as vistas ao teleférico sobre o Yantzé desde os cafés de Baixanglu ou a aldea tradicional de Shibati.
    Hongyadong, a pesar da frivolidade na que se converteu - un centro comercial gastronómico cheo de xente, ruído e luces led - é unha homenaxe as primeiras construcións de Chongqing, situadas sobre pilotes de madeira, nos acantilados do río.

    As actividades máis chulas foron:
    - O espectáculo de drons. Faise todos os sábados e algún festivo na confluencia dos dous ríos. Nos fomos a velo ao pé do Gran Teatro, ao outro lado do río Jialing que ten a vantaxe de amenizar a espera coa iluminación da parte de Chaotianmen e a ponte Qianmen, que é unha pasada. Ademáis á volta, cruzas a ponte por riba de Hongyadong para poder vela iluminada sen ter que sufrir á multitude. Se non querés ir ata alí, na zona do Raffles City terás visión directa.
    - Chonqin 1949 é un dos espectáculos teatrais máis monumentais e tecnoloxicamente avanzados de China. Non se trata dunha obra de teatro convencional, senón dunha experiencia inmersiva a gran escala deseñada especificamente para reflectir a historia recente da cidade. ​A obra sitúase no outono de 1949, no momento clave da Guerra Civil Chinesa, xusto cando o Exército Popular de Liberación avanzaba para liberar Chongqing e o réxime do Kuomintang (KMT) estaba a punto de colapsar.
    Para acoller este espectáculo construíuse un teatro ex profeso con 5 aneis concéntricos que xiran 360 graos de xeito independente. Os sectores A e B móvense e xiran sincronizados coa acción, facendo que o público se desprace fisicamente a través das diferentes escenas. É unha auténtica pasada así que si podedes, non o perdades. Lendo un poco sobre o espectáculo e co traductor do móbil para as partes narradas seguiredes o fío sen problema. Para chegar, collemos un didi uns 25 minutos (4€). Entradas na sección A VIP - 35€ por persona)

    As visitas menos interesantes son ir mirar o monoraíl entrando na estación de Liziba (non está preto - hai que ir en didi) e o ferry pola confluencia dos ríos (3€) xa que as vistas son as mesmas que desde as orillas
    Read more