• Barco museo de Louis Vuitton

    September 26 in China ⋅ ☁️ 27 °C

    Atravesamos o parque do pobo cara a parte máis occidental da Nanjin West Road para visitar o museo de LV situado no interior dun edificio con forma de barco realmente espectacular. O percorrido interior e o contido son interesantes incluso para alguén a quen a moda lle interesa pouco facendo un percorrido pola traxectoria e todos os diseños do deseñador. A entrada é gratuita previa reserva na web (déronnos entradas para 1 hora despois).
    Aproveitamos o tempo para visitar xusto en fronte o Starbucks máis grande do mundo, que alberga un sistema xigantesco de tueste do café que podes ver en vivo.
    Read more