The Bund
September 26 in China ⋅ ⛅ 31 °C
O Bund (Waitán en chinés) de Shanghai é un dos espazos máis animados de Shanghai, unha zona peonil de 2 quilómetros de lonxitude que discorre pola parte oeste do río Huangpu dentro da Antiga concesión internacional. Desde 1860 ata 1930 foi o rico e poderoso centro do asentamento extranxeiros de Shanghai.
Ademais de ofrecer as mellores panorámicas da "Shanghai futurista", o Bund tamén é famoso polos edificios que o salpican, xa que constitúen un legado do primeiro distrito comercial de Shanghai. A zona foi coñecida como o "Wall Street de Oriente".
A cantidade de xente que se reúne aquí a diario é sobrenatural, multiplicado por 1000 cando se achega a hora do encendido das luces arredor das 19h xa que neste paseo é desde onde se obteñen as mellores vistas de Pudong, o distrito de negocios onde se atopan os rañaceos.
Dende o Bund comeza unha das rúas comerciais máis transitadas do mundo, a Nanking Road, 6 km peonís cheas de tendas das marcas máis exclusivas, de centros comerciais, tendas tecnolóxicas, concesionarios de coches eléctricos futuristas, espazos gastronómicos de prezos elevados... A quintaesencia do desfrute consumista elevado á enésima potencia. Nas rúas paralelas podes atopar numerosos restaurantes locais especializados, moitos recoñecidos con Big gourmand pero na propia rúa Nanking hai grandes espazos onde podes ver e probar o 100% das especialidades da zona (aquí non o probamos, pero si en Beijing e creo que foi unha experiencia satisfactoria de bautismo coa cocina chinesa).
Entre a parte leste e oeste da Nanking Road está o Parque do pobo no que as fins de semana xúntanse centenares de pais e nais con anuncios sobre as bondades das súas fillas e fillos para atoparlles parella porque non está ben visto que estean solteiros cando se achegan aos 30. Os fillos por suposto non saben ou avergónzanse de que os seus pais fagan isto; a diferencia entre xeracións en China é tan grande como as distintas velocidades ás que viven as personas do rural contra aquellas que habitan nos círculos máis céntricos das cidades.
Entre os grandes edificios do Bund agóchase un garito, o Captain hostel que ten unha terraza na parte superior desde a qué podedes desfrutar dunhas vistas marabillosas tomando unhas cañas. Iso si, a prezo noruego, a partir de 8 euros. Antes de saír á terraza hai un mapamundi con chinchetas dos visitantes do garito clandestino que me pareceu moi curioso (tédelo entre as fotos)Read more













