Zhangjiajie - Montaña de Tianmen
Sep 21–22 in China ⋅ ☁️ 26 °C
Dividimos a visita a Zhangjiajie en dous hoteis: unha noite no centro da cidade para visitar a Montaña de Tianmen e as dúas seguintes en Wulingyuan para estar máis preto do Gran Cañón e sobre todo da porta leste do PN Forestal de Zhanjiajie.
No centro, durmimos no Atour Hotel por 46 € cun xenial almorzo incluido e soamente a 5 minutos andando da estación do teleférico. Tiñamos collidas as entradas tipo A que inclúen a subida longa en teleférico á parte superior da montaña, os 7 tramos de escaleras mecánicas (si... Non estades a ler mal: pódese subir por escadas mecánicas tanto desde a praza ata a base da cova - evitando os 999 escalóns - como da base da cova á parte superior - este segundo tramo é obligatorio facelo por este medio) e o descenso no autobús polas 99 curvas máis o teleférico pequeno. Como están facendo Unha megaestación xigantesca, tivemos que facer o mesmo percorrido que as entradas tipo B: teleférico pequeno, bus ata a praza, subir a pé os 999 escalóns e despois as escadas mecánicas ata arriba.
Total que non vimos nada. Nada máis subir ao teleférico adiviñábase que a visibilidade a 1100 metros ía ser nula... E así foi. Fixemos tempo estampando selos nunhas libretas que mercamos, comimos na praza, subimos ata a parte superior e volvemos baixar unhas 3 horas despois pero a cousa ía a peor. Para facer a coña démoslle 25 rmb a un artista que editou unha foto en 3 minutos para que puideramos ver que tal lle quedamos á Porta do Ceo.
Na parte superior da cova hai un Mcdonalds... E case tres millóns de chinos dando voltas en fila... Non quero pensar o balbordo que teñen que montar os seus guías nun día despexado e de tempada alta...
Nota: en todos os sitios turísticos hai centos ou miles de excursións grupos locais aos que collen nas súas vilas, pónenlles unha gorra de cor para identifícalos e un audífono e os levan aos monumentos a que se comporten como zombies cada vez que un guía lles di que fagan unha foto. Vímolos na Cidade Prohibida, no Templo do Ceo, nos Guerreiros de Terracota de Xian ou nas zonas máis accesibles do PN Forestal de Zhanjiajie. Polo xeral, setembro é unha moi boa época para visitar China; a pesar das excursións, todos estes sitios están preparados (e perfectamente organizados) para recibir 20 veces máis de público do que atopamos nós.
En Zhangjiajie tanto na Porta do Ceo como no PN tés que escollera unha franxa dunha hora cando mercas a entrada: no PN son moi estritos e non podes entrar fóra desa franxa, pero na Porta do Ceo si que nos deixaron entrar antes.Read more




















