• Wulingyuan - PN Forestal de Zhangjiajie

    Sep 22–24 in China ⋅ ☁️ 19 °C

    Madrugamos para trasladarnos a Wulinyuan ao Zhangjiajie Four Seasons Lai · Riverside Resort Hotel (Baofeng Lake Scenic Area) (93€ por dúas noites) e chegar antes das 9 da mañá para que nos dera tempo a realizar todos os plans previstos pero apareceu a choiva... Estivemos a punto e cancelar a visita ao Gran Cañón e a ponte de Cristal pero no hotel dixéronnos que había visibilidade así que arriscamos.

    De Zhangjiajie centro a Wulinyuan hai un trayecto de 45 km e máis de media hora en Didi.

    Na visita ao Gran Cañón, tras cruzar a ponte de cristal máis alta e máis longa do mundo (desde a que podes facer puenting) baixas en ascensor, tirolina ou tobogán ata unha gran praza e despois dun paseo duns 45 minutos e tras un breve paseo en bote pola lagoa chegarás á salida. Podes facer todo o percorrido en menos de 3 horas. Desde o hotel outros 20 minutos en Didi por traxecto.
    Como chovía tanto, nós preferimos facer soamente o tramo da ponte de ida e volta para poder voltar ao hotel a ducharnos antes de entrar de 14 a 15h no PN (o hotel ten servicio de traslado e recollida á porta leste).

    O primeiro día fixemos a Ruta A: desde a porta leste colles un autobús hasta a estación inferior do teleférico da montaña Tianzi, subes no teleférico, outro autobús ata a praza e desde alí descendes ata o Pabellón Tianzi visitando varios miradouros. A néboa era tan densa que soamente podiamos adivinar algúns pináculos. Desde alí podes baixar camiñando 4 km ata a Ten Mile Natural Gallery. Como chovía de novo, nos desfixemos o camiño e alternando os buses na parte inferior do teleférico conseguimos chegar ata a galería (tras un paseo de 45 minutos que podes facer en tren) para ver por primeira vez e desde abaixo o que nos agardaba ao día seguinte:

    A Ruta B desde a porta leste, comeza cun bus ata o Ascensor Bailong, o elevador exterior máis alto do mundo. As vistas da subida son unha pasada - se podes, intenta entrar de primeiro no ascensor ou agarda ao seguinte para colocarte preto do cristal da parte posterior. Unha vez arriba, collerás un bus para visitar a zona de Yuanjiagie, na que están as famosas montañas que inspiraron a Cameron para crear o universo Avatar. Hai multitude miradouros nesta zona nos que nós puidemos fotografarnos con facilidades e desfrutalos se aglomeracións a pesar de ser a zona máis masificada. Cando chegues ao Primeira Ponte baixo o ceo terás que buscar o bus que te leve a Wulong Village.

    Nesta zona, Yangiajie (non confundir), atoparás menos xente e un trekking moi exixente ata Tiambo Mansión. Creo que as vistas son impresionantes, e digo "creo" porque a néboa apareceu de novo e únicamente cando chegamos ao mirador, despois de 3 km de subida. Baixamos e collemos o bus e tras un fermoso tramo de 20 minutos de baixada por escadas de madeira, chegamos ao teleférico de Huangshi Village. Subimos pero ao chegar arriba xa vimos que non había visibilidade algunha así que baixamos de novo no teleférico aforrando a hora e media de paseo ata o mirador. Todas as viaxes en teleférico son alucinantes pasando entre os pináculos e a néboa.

    Ao baixar, outro bus levounos ata a porta sur. Quedaban as dúas horas de paseo polo Golden Whip Stream ata a porta leste pero como as vistas son similares ás da Ten Miles Gallery, decidimos saír e coller o bus transfer entre portas (8rmb).

    A néboa fastidounos unha boa parte do parque pero a sensación que levo é que disfrutamos da mellor. Se tes dous días, podes repetir este percorrido, pero se non tes tempo, con visitar o Gran cañón pola mañá e pola tarde a zona de Yuanjiagie, creo que levas a esencia desta zona do mundo.
    Read more