• Fenghuang

    Sep 24–25 in China ☁️ 24 °C

    Tiñamos pensado ir a Fenghuang en Didi desde Zhangjiajie para facer unha breve parada en Furong (deixando as maletas no centro de visitantes) pero o coche que nos recolleu deixaba bastante que desexar (acostumádevos a subir a coches con cheiro a tabaco porque é inevitable salvo que collades servizos premium) e o condutor quixo pactar un prezo fóra da plataforma polo que cancelamos o servizo e cambiamos de plans. Un novo Didi levounos a estación de tren do centro da cidade e collemos tren directo a Fenghuang por 14€ (50´de traxecto).

    A vila é moi fermosa, importante no pasado como rexión fronteiriza pero que desde o comezo de século decatouse de que o turismo proporciona unha maior fonte de ingresos.
    Pola noite, as luces e os espectáculos de pouca calidade invaden as beiras do río e os seus arredores.

    Durmimos no Sulv Lianhua Hotel por 79€ con moi bo almorzo nunha habitación superior con vistas ao río e balcón. Esta a 10 minutos camiñando polo río da zona de máis ambiente e agradécese enormemente saír do barullo que se monta polas noites na zona de máis lea. Leváronnos de volta a estación de tren de maneira gratuita por unha boa valoración en Trip (aceptei a oferta porque a valoración ía ser boa de todos xeitos).
    Read more