Pudong
September 26 in China ⋅ ⛅ 29 °C
Chegamos a Shanghai despois dunha longa viaxe en tren bala desde Fenghuang (1500 km en 6 horas). Escollimos un hotel na zona de Pudong, o Grand Soluxe Zhongyou (267 € por 4 noites sen almorzo - custaba 16€ por persoa e día e parecíame excesivo), moi ben situado e cunhas vistas espectaculares desde a cama).
A mañá do primeiro día pasámola suando pola zona de Lujiazui. A calor e a humidade é agobiante en todo o país desde primeira hora. Subimos á Torre de Shanghai para facernos unha idea da magnitude da maior cidade de China. En vez de pagar os 15€ da entrada, subimos á Libraría Duyoun do piso 52 (gratuita previo rexistro a través do mini programa de Wechat pero debes pagar un café para saír á terraza 5€ - se entras a primeira hora (10.30h) vai primeiro á parte norte xa que desde aí tes vistas á Perla).
Despois camiñamos polas pasarelas peonís elevadas para evitar o tráfico ata chegar ao pé dun dos edificios máis bonitos que vin na vida a pesar de que o NY Times o declarase coma un gran monstruo fálico de fealdad monumental: a Torre da Perla Oriental, a quinta torre de TV máis alta do mundo formada por cinco esferas unidas por columnas xigantes.
Para cruzar o Río Huangpu e ver o skyline de fronte desde o Bund podes atravesar un tunel atrapaguiris Cheo de luces led por 6€ ou empregar o ferry local por poucos céntimos. Nos escollemos a segunda opción e as vistas son tan chulas como reconfortante o aire acondicionado do interior. As vistas desde a orilla oeste do río son unha fantasía; recoméndovos pasear o Bund de sur a norte vendo as distintas perspectivas do horizonte de rabuñaceos da outra beira competindo en beleza cos edificios neoclásicos e de tendencia europea.
Tanto para os ferrys como para empregar o metro, tes que habilitar a tarxeta de transporte público de cada cidade en Alipay. Fichas á entrada é a saída e depende da distancia cobraránche máis ou menos, pero sempre moi pouco (é mellor alternativa ao Didi nesta cidade).Read more

























